autoanálise

quixen axudarlles, oteei as montañas tentando atopar remedios

mirei nas supersticións dos manuais de autoaxuda

e nada.

Está quieto precisamente, espera.

enquistado na maleza.

Na silveira da cuneta que había na aldea confúndenme cun gato.

Eu pensaba que o verme era non verme

e canta razón tiña.

Chegamos á residencia cedo, coma de costume, e estivemos agardando entre dúas sás de espera. Na primeira había unha señora coa cabeza rapada á que unha de bata branca saudou con familiaridade, e volvín a odia-lo mundo.

e logo quen ía poñer a velocidade a andar como se foran as estrelas as culpables dos anos luz

andaban de entrevista en entrevista coa insistencia testuda de atopar dano emocional

pensaba que ao ser verán desaparecían todos os estranos vagalumes que repousaban na pel

pensaba que ao ser verán enxugábanse e caían das árbores esmorecidas

e logo quen ía poñer o ímpeto a correr como se urxiran os ollos entornados procurando cometas

O peor que pode pasar e non o sabes

Galicia Poética "antolloloxía"

Canto tempo levarei durmindo… que hora é… xa me sitúo… que pasou hoxe? Que foi o que pasou que me retumban os miolos?

Erguínme de mala hostia cos demáis e conmigo, erguínme moi cabreada, tanto que aínda me acordo: berrei, culpei, insultei, aborrecín, convertínme nunca persoa retorta e non sei moi ben como foi.

Chegamos á residencia cedo, coma de costume, e estivemos agardando entre dúas sás de espera. Na primeira había unha señora coa cabeza rapada á que unha de bata branca saudou con familiaridade, e volvín a odia-lo mundo. Chamáronnos para cambiar de sá, alí esperamos calados, caladiños como os da procesión de Semana Santa, con algún intento de esnaquiza-lo xeo solidificado.

Chegou un coñecido do meu pai operado de cólon e mireille o periódico mentres el pasaba as follas facendo que lía. E chegou despois unha das “chicas de onco” – que soa a nome exótico de…

Ver la entrada original 1.650 palabras más

Ideario

Galicia Poética "antolloloxía"

Me da vértigo el punto muerto
y la marcha atrás,
vivir en los atascos,
los frenos automáticos y el olor a gasoil.
Me angustia el cruce de miradas
la doble dirección de las palabras
y el obsceno guiñar de los semáforos.
Me da pena la vida, los cambios de sentido,
las señales de stop y los pasos perdidos.
Me agobian las medianas,
las frases que están hechas,
los que nunca saludan y los malos profetas.
Me fatigan los dioses bajados del Olimpo
a conquistar la Tierra
y los necios de espíritu.
Me entristecen quienes me venden kleenex
en los pasos de cebra,
los que enferman de cáncer
y los que sólo son simples marionetas.

Me aplasta la hermosura
de los cuerpos perfectos,
las sirenas que ululan en las noches de fiesta,
los códigos de barras,
el baile de etiquetas.
Me arruinan las prisas y las faltas de estilo,
el paso…

Ver la entrada original 56 palabras más

aldeana

xa non me sorprende ir pola rúa dos cordóns malva

non tanto como antes

batirme en retirada polas esquinas dos edificios enchidos de humidade

a delicadeza non forma parte desta cara do disco e dan ganas de refuxiarse na altiveza do pentagrama

para ver se por fin é posible deixar ir a lousa

para aceptar e caer rendida aos pés da maxia

María Antonia Dans

Tema un

doe

Galicia Poética "antolloloxía"

Estudiadas as cóxegas e os beizos as miradas as maxias os sonetos

os pés descalzos acadan o chan máis firme coa péntega dourada asomando frecuencias, nostalxias, morriñas.

Soa a música. Que beleza renacentista. Todo o trimestre tentando averiguar. Unha misión. Un tema. Unha tradución. Meu pai viña salvarme.

Estudiados os mirlos e os hoteis, buscadas as noites máis templarias. Non había son. Ninguén vai morrer neste día, avisaron de lonxe.

Por fin, tropezando cos cables, cheguei a ti. Mirabas atónito, tremendo as mans dende tódolos ángulos.

Dez, nove, oito. Avalía imaxes de paz e rebeldía. Sete, seis, cinco. Se queres desaparecer, usa isto. Catro, tres, dous. Ías pola rúa coma un meniño orfo. Un, cero. Bilingüismo programático.

Chau, papá.

Ver la entrada original

astronomía

Galicia Poética "antolloloxía"

e logo quen ía poñer a velocidade a andar como se foran as estrelas as culpables dos anos luz

andaban de entrevista en entrevista coa insistencia testuda de atopar dano emocional

pensaba que ao ser verán desaparecían todos os estranos vagalumes que repousaban na pel

pensaba que ao ser verán enxugábanse e caían das árbores esmorecidas

e logo quen ía poñer o ímpeto a correr como se urxiran os ollos entornados procurando cometas

Van Gogh, Ceo estrelado.

Ver la entrada original