verso libre

Algún poema tería sentido neste espazo morto falto de colectivos.

Etiquetas aceptadas como propias marcas do capitalismo acelerado enfrontado coas persoas, tan amante da masa.

Subir escaleiras windows on the road soa a apertura do programa, vou, non me dou posto ao día nesta tempada de tantas novas

resístese o cerebro a máis actualizacións pechade a porta parade o mundo as rotativas a tele en negro

gaivotas á terra

a máquina comecartos segue facturando novidade dalle a palanca para morrer anestesiada no día a día esperta dos teus sonos

e

penso nos meus nenos véxoos agardando ben peiteados cos zapatos novos vestidos de posfranquismo ansío liberdade

remorsos

quen es, quen queres ser. Serás o que teñas que ser, déixate. Déitate. Deléitate.

Modigliani: “Cuando conozca su alma, pintaré sus ojos”. - 3 minutos de arte
Modigliani

Desexos

Que me chegue agosto ata decembro 

e xullo ata a primavera.

Cada inverno que chega fainos escuros e se somos escuros, como sobreviviremos?

Tes moita sorte se podes saír da casa e pechar a porta e estar a salvo rodeada de amigos

e vivir todas esas cousas que só pasan cando todo parece deterse e logo agosto.

Monteventoso, zona de Ferrol, A Coruña 💙

Batalla naval

Claváronselle os talóns dos pes no asfalto e logo que pasou pasou que a rúa enchiuse de xente e o ceo botou a esplotar, todo eran luces e olor a pólvora

caíu no que tanto rexeitou a molestia fíxose dor e logo que pasou pasou que non chegou a máis e fíxose pequeniña e despois pum pum e aplausos.

Ninguén saberá nunca o que sofres. Garda no peto e maldita sexa.