Galicia Poética "antolloloxía"
que é o medo conexión conciencia corpo
que son eu? Filosofía do abstracto con xente do cotidiano non hai reflexión no medio na contorna experimentos de escoita e entendemento que non chegan á nada
namáis que á comparación de por que ti si e eu non
que hai en min tan distante
desaparezo
desapareza aquí
sentir parecer ser non ser observar antropoloxía vital atenta
as interpretacións non serven de nada
exploradora sistémica do liberticidio empoderamento absolutista
ante a confusión replegamos as ás pero a súa natureza é voar, voar
voade
