novidades xuntas explosivas falta de control
víctima pasiva, así te queren así te aman obediente sumiso tan dócil
se apagas o candil cooperas coas letras en verde caendo a que sabes do que falo?
e vai unha, dúas, tres, ata catro novas colapsantes que parece que si pero
que te fan dar o respingo o salto cara atrás ven o susto vai ser a fin e logo pero
de bombas napalm a petardos de feira a xente non axuda non traballa para o equipo
confundiron o equipo apagaron a luz persoas ensombrecidas
canto despilfarro de vida por render acatamento aos que emanan decadencia

Entrada brillante!! Fais un paralelismo do traballo de Cole coa fogueira das vaidades que están a facer que o mundo actual se desintegre por si só; ou mellor pola voracidade infinita dos poderosos para sempre !! Un caloroso saúdo.
Me gustaLe gusta a 1 persona
Prodúceme moita ledicia que entenderas a mensaxe, unha aperta!
Me gustaLe gusta a 1 persona
Alégrome moito de que fose así. Outra aperta de volta dende o outro lado do Atlántico.
Me gustaLe gusta a 1 persona
Reblogueó esto en Galicia Poética "antolloloxía".
Me gustaMe gusta