atrapamento

pode que sexa o gris do día o gris do cemento que vexo pola fiestra dende hai dous meses dous camiños dúas direccións

o gris das nubes grises de Galicia gris Galicia esta tería que ser unha cor do Pantonario unha cor do espírito cando dentro vai frío e logo fora vai morno do sol que non opina nin transcribe

pode que sexa pode ser o gris do pensamento escuro ténebre noctámbulo que vai e ven xa hai tempo máis aló do confinamento tampouco lle imos botar toda a culpa á puta pandemia, ante todo sinceridade e máis con unha mesma

o gris xa estaba o gris en Galicia aquí é intrínseco á vida

o gris en Galicia é a vida

e a morte

é o atrapamento que resoa

epokhé

non hai xuízo só paréntese. Mirada sostida, imperturbable. Ataraxia. Os gregos xa o sabían

cansazo de tanta mentira farsa pantomima teatral que pouca gana de atender ás superficialidades que pouca gana de escoitarte doutro lado do teléfono.

Caspar David Friedrich: paisajes alegóricosDescubrir el Arte, la ...

El monje frente al mar, Caspar David Friedrich (1809)

Opina

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s