Nadal

Pregúntasme dende o outro lado que onde vou pasar o Nadal.

Onde.

Eu quedo muda no meu sitio non se me move un pelo. A pregunta. Chegou a pregunta que levo aborrecendo dende xullo.

Saín do exame medio durmida e media cunha molestia na moa que me lembrou a necesidade dun implante. Algún día. Traballar para os dentes, traballar para o coche.

E nunca é dabondo. E logo, Nadal.

Todo eso agolpado na mente despois de chegar tarde e mollada á casa.

Que onde vou pasar o Nadal.

Non me atrevín a decircho, pero gustaríame poder pasalo agochada nun caixón

ou subida nun carballo ben ALTO

ou sendo artificio na fiestra de Wendy

(mellor esto último).

Onde vas pasar o Nadal?

Puiden dicir que con amigos, ou facendo voluntariado empurrando nubes

ata podería disertar sobre a dificultade de conciliar cando se teñen mascotas

pero tampouco.

O único que me saíu foi: traballando.

E ti satisfeita, e eu esnaquizada en cachiños.

triste

 

 

 

Anuncios

Opina

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s