Sanación

Non creo no destino que se abra o telón

non lembro moito máis daquel entón.

Imos.

Non saímos de aquí nova iorque chicago washington

Imos.

Que non me inclúan en ningunha canción máis, que me deixen a verba na escrita

na pel.

Estudiádeme. Dádeme receitas de renovación.

Eu só quero poesía para curarme.

 

5 comentarios en “Sanación

Opina