Tema un

Estudiadas as cóxegas e os beizos as miradas as maxias os sonetos

os pés descalzos acadan o chan máis firme coa péntega dourada asomando frecuencias, nostalxias, morriñas.

Soa a música. Que beleza renacentista. Todo o trimestre tentando averiguar. Unha misión. Un tema. Unha tradución. Meu pai viña salvarme.

Estudiados os mirlos e os hoteis, buscadas as noites máis templarias. Non había son. Ninguén vai morrer neste día, avisaron de lonxe.

Por fin, tropezando cos cables, cheguei a ti. Mirabas atónito, tremendo as mans dende tódolos ángulos.

Dez, nove, oito. Avalía imaxes de paz e rebeldía. Sete, seis, cinco. Se queres desaparecer, usa isto. Catro, tres, dous. Ías pola rúa coma un meniño orfo. Un, cero. Bilingüismo programático.

Chau, papá.

 

4 comentarios en “Tema un

  1. Hola, Rocío: Non sei si eres partidaria de recoller os premios de Nominacións de blogs, eu non acostumo a moverme moito nesto de nominar, pero desta vez fun nominada e entre as condicións para a recollida do premio estaban as de nomear a varios blogs que me parecesen interesantes. Sempre penséi que o teu blog é único e como son unha gran admiradora dos teus versos non podía deixar de nomearte.

    Non tes porque aceptar a nominación se non queres, claro está, aunque sempre axuda a aportar visibilidade e a coñecerse mellor. Parabens. Deixóche o enlace a entrada da nominación para que te pases si o desexas:

    https://lascosasqueescribo.wordpress.com/2018/10/22/nominada-para-el-blogger-recognition-award-2018/

    Unha aperta.

    Me gusta

Opina