Intervención

Tomalo coma un día máis

encaixalo ben e seguir cos seus quefaceres

inexistentes ou inventados

que miseria

debería facer o que todos fan

saír ó vento e o solciño

e pensar triste

pero non afundir desta maneira

incorporarse á circulación co duelo

pero ca sonrisa posta

e merda outra vez.

A fin de moitas cousas fermosas que quedaban está a chegar

e non son quen de evitar botalas en falta

antes de que desaparezan de todo.

Cando algo escomeza a morrer

escomeza tamén a agonizar

a caer en picado

os espectadores asistimos ao derrumbe

con cara constreñida

tan alleos e impotentes

trazos de debuxos de neno pequeno

garabatos en inacción

pasmados ante a maquinaria social que se pon en funcionamento

e nos lembra que nós neste teatro non pintamos nada.

Qué tristura máis fonda. As débedas han afogar aos fillos dos fillos dos nosos fillos.

Fuxide os que poidades

eu espero na praia

cazando mariposas.

Anuncios

Un comentario en “Intervención

Opina

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s