Extrusión

xa me avisara de lonxe

había dous anos, ou máis

igual dende o penúltimo cumpleanos, aquel no que me fixen vella de súpeto

aquel no que fun consciente

da soidade entre tanta xente

“facíalo por ben”, xa, a min que me contas

con esas mans enfermas de alambique inexperto

antiinflamatoiros, opiáceos, que vai ser o próximo

bofetadas por teléfono, surrealismo azul

esperpénticas ciáticas

o sol refulxe pola fiestra

eu miro o verán pasar polo Instagram.

Figura en una ventana, Dalí (1925)

Extrusión

me había avisado hacía tiempo

haría unos dos años, o quizá más

puede que desde el penúltimo cumpleaños, aquel en el que me volví vieja de pronto

aquel en el que fui consciente

de la soledad entre tanta gente

“yo lo hacía por tu bien”, ya, y a mí que me cuentas

con esas manos enfermas de alambique inexperto

antiinflamatorios, opiáceos, qué va a ser lo próximo

bofetadas por teléfono, surrealismo azul

esperpénticas ciáticas

el sol brilla por la ventana

yo miro el verano pasar por Instagram.

@galiciapoetica 

Anuncios

7 comentarios en “Extrusión

  1. “con esas mans enfermas de alambique inexperto”? Q bonito. Q bonito. Q bonito.
    E o do sol na fiestra e ver a vida polo instagram… Q bonito-triste-real-onovoéasí…
    Que sensibilidade… Ningúen acada esa sensibilidade sen que lle pasara algo, así que douche unha noraboa con reservas 😉
    Segue así.

    Le gusta a 1 persona

    • Soupeches lelo adecuadamente porque estou sufrindo unha crise de hernia discal lumbar dende xuño agravada por un fisioterapeuta “con mans de alambique inexperto”. Logo cada un o interpreta ao seu xeito, e iso é marabilloso. De aí tamén a conta de Instagram @galiciapoetica para entreterme e darme conta de que a poesía estame salvando de caer no pozo ese ao que xurei non volver. Supoño que todos temos os nosos pozos, uns máis profundos que outros… Neles a sensibilidade ou se gaña ou se perde, no meu caso parece que se gaña 😉 Grazas por ler e comentar, apertas afectuosas!

      Me gusta

Opina

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s