Arrepentimentos eternos de mulleres… doutrora?

non me arrepinto de nada máis que de NON botar ao aire o cuspe carraxento que te ía carcomer a túa hipócrita faciana de clase alta

ou sexa que cuspirte na faciana cando tiven ocasión sería unha boa reconciliación conmigo mesma pero non me atrevín maldita sexa

son débil de carne débil de pensamento débil de palabra obra e omisión

de omisión menos do sorriso aínda que sexa obrigatorio eso sáeme coma un tic

non me arrepinto de nada máis que de tódalas veces que calei as negativas e de tódalas veces que asentín sometida

deso SI que me arrepinto e moito

de non ser dona do meu coraxe e de non dominar a covardía

de non odiarte en aberto e a cambio levarte para a cama como se fósemos amantes

Anuncios

Opina

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s