O ano do cambio

1

Dicían os expertos que nunca tanta calor fixera dende 1994

no ano do cambio

viaxaban opositores a Castela viaxaban a Madrid cos aforros dos pais

cos aforros dos traballos en precario

invertindo as vacacións nunha esperanza  reservada aos señoritos

pero había que intentalo

2

Chegaba o cambio, dicían

máis eu vía a mesma xente nos mesmos sitios

as mesmas caras, a mesma condescendencia

“qué pena que no tengas un enchufe, con tu currículo”

ver, oír e calar

a historia da miña vida

3

Xa estou cansa, son moitos anos aturando letanías

agora estou con vós

con todos os que pertencedes á xeración dos desherdados

E quero dicirvos

que sinto a mesma rabia que sentides cando vedes ao fracasado escolar traballando na Administración

ou cando facedes un exame para aprobar e quedades ás portas

que sempre hai alguén que o fai mellor aínda que case non saiba falar e escriba con faltas de ortografía

que sinto o mesmo desacougo cando penso no meu futuro

que miro aos meus pais animándome e morro de pena

que sinto a mesma impotencia cando vexo que todo cambia

e non cambia nada.

4

Quero dicirvos tamén

que somos a mesma materia, que somos a mesma esencia

que rimos, choramos e temos grandes ambicións, ou pequenas, ou ámbalas dúas cousas e todo a vez

que está ben como somos, que somos o motor do avance, que a xente como nós está chamada as grandes cousas, as boas cousas

as cousas que emocionan e fan sorrir

por eso

amemos a nosa natureza, non perdamos enerxía onde non nos queren

fagamos o noso camiño, inventemos a victoria

logo da escuridade virá a luz, e aí estaremos nós formando parte da nosa vida

voluntariamente autoexcluidos da impostura.

Anuncios

Un comentario en “O ano do cambio

Opina

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s